IC Boiro pide que se doten de desfibriladores as instalacións deportivas do concello

BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro demanda novamente a instalación de desfibriladores en tódalas infraestruturas deportivas do municipio. O goberno daría así cumprimento ó acordo plenario aprobado en marzo do pasado ano.

Non é unha demanda nova senón que Iniciativa Cidadá de Boiro leva meses solicitando ó concello que dote de desfibriladores a tódalas instalacións deportivas do municipio. XA en marzo do pasado ano, o pleno aprobou por unanimidade unha moción ó respecto sen que polo momento se teña materializado.

O voceiro da formación independente insiste en que esta actuación suporía un gasto menor pero axudaría a salvar vidas acurtando o tempo de resposta no caso de paradas cardiorrespiratoria.

Manuel Velo lembra que nos últimos meses xa se teñen rexistrado incidencias deste tipo no municipio que non conta cos medios axeitados.