As ANPAs unen forzas nunha coodinadora para dar pulo ás demandas

    VILAGARCÍA> Nais e pais de 9 colexios de Vilagarcía unen forzas para dar pulo ás súas reclamacións. Veñen de crear unha Coordinadora de ANPAS, que hoxe se estreou coa entrega no concello dunha listaxe de deficiencias dos centros públicos vilagarciáns.

     

    O mal estado das instalacións dalgúns dos colexios de Vilagarcía teñen os pais en pé de guerra dende hai anos. As queixas culminaron finalmente na creación dunha Coordinadora de ANPAS, composta polas asociacións de nove centros da vila.

    Esta mañá presentaron no rexistro do concello unha listaxe de demandas que consideran prioritarias para mellorar o estado dos centros. Un documento que dirixen ó goberno local, á Consellería de Educación e á delegación territorial da Xunta en Pontevedra.

    Esta non é a primeira vez que trasladan as súas queixas ó concello. Ata o momento, a falta de cartos nas arcas públicas é a explicación que obtiveron.

    A coordinadora nace con vocación de continuidade, cun labor que pretenden estender a outros eidos, como a realización de actividades e obradoiros conxuntos entre as ANPAS membros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/anpas_coles_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/anpas_coles_vilagarcia.mp4{/flowplayer}