Salvador Ribadomar deixa o seu cargo na CIG satisfeito co conseguido

    salvadorribadomar_100_080607__still_001.jpgSALNÉS > Salvador Ribadomar deixa as súas responsabilidades como secretario nacional de pesca artesanal, marisqueo e acuicultura.

    O responsable da CIG non ía facer público o seu abandono, cuxas causas non da a coñecer, pero decidiu facelo por un feito importante: a modificación do decreto que discriminaba a algunhas mariscadoras por estar casadas con bateeiros cunha concesión administrativa dun oitavo de batea que non podían baixar á praia mentres outras que eran propietarias de 50 bateas que estaban a nome dunha s.l. sí podían mariscar. Ribadomar felicita ás mariscadoras da illa pola súa loita e asegura marchar satisfeito pese a que deixa un sector pesqueiro con problemas estructurais que fan periga-lo seu futuro.

    Redacción Salnés