Ribadumia incorpora por terceiro ano unha brigada de BATA

    RIBADUMIA> A súa alcaldesa, Salomé Peña, asinou o convenio coa asociación Bata polo que renovan unha colaboración que definen como moi proveitosa para ambas institucións. Concello de Ribadumia e Asociación Bata acaban de renovar por terceiro ano consecutivo o convenio de colaboración en materia laboral que permitirá a tres persoas con discapacidade traballar ata final de ano nunha das brigadas forestais municipais. Son tres operarios que realizan a súa labor guiados por un monitor. O material que empregan e os métodos de transporte son aportados pola Asociación Bata. A cambio, estas persoas poden acceder a un emprego que lles supón, ademais, un crecemento persoal. Ribadumia é o terceiro ano que asina este convenio pero Bata está a presentar este proxecto noutros municipios da contorna para amplialo. Están en negociacións para repetir en Vilagarcía, e con Cambados, pero teñen en carteira chegar tamén a localidades como Portas ou O Grove. A alcaldesa de Ribadumia insiste en que os integrantes da Brigada de Bata realizan unha labor profesional impecable, e convida a outras administracións a seguir o exemplo de Ribadumia e integralas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/BRIGADASBATA170314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/CONVENIO_BATA_170314.mp4{/flowplayer}