Falece en estrañas circunstancias un veciño de Taragoña

    RIANXO> Esta mesma tarde, ó redor das cinco, producíase tamén un tráxico suceso no lugar de Cartomil, na parroquia rianxeira de Taragoña. Por causas polo de agora descoñecidas, á espera da realización da correspondente autopsia, perdía a vida un home de 69 anos, veciño do lugar, con iniciais M.L.S.. Segundo informaron fontes policiais o falecido atopábase realizando unha reparación no seu vehículo, diante da súa vivenda, a carón da estrada AC-305. Mentres algunhas informacións ás que tivo acceso esta redacción apuntan a que puido tratarse dun accidente, non se descarta que o seu falecemento se debera a causas naturais. Ata o lugar do suceso desprazáronse numerosos efectivos de emerxencias, unha ambulancia medicalizada do 061, Garda Civil e Policía Local de Rianxo, e mesmo foi desprazado tamén o helicóptero do 112, por se fóra necesaria a súa evacuación a un centro hospitalario.