Ribeira será sede permanente do programa de maiores da USC

RIBEIRA> Ribeira será sede permanente do programa de maiores da Universidade de Santiago. Esta mañá o alcalde, Manuel Ruíz, asinaba un acordo de colaboración co reitor compostelán, Antonio López, que permitirá materializar esta acción.

O alcalde, Manuel Ruíz, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que conerterá á capital do Barbanza en sede permanente do programa universitario para maiores, o denominado cuarto ciclo, desra institución académica. A primeira que se dá fóra das cidades nas que a USC concentra a súa actividade. Un feito que destacou o rexedor na súa intervención.

O máximo responsable da Universidade Compostelá incidiu tamén neste feito, ó tempo que destacou que a acción permitirá poder seguir achegando a institución académica á cidadanía.

O programa destinado a maiores de 50 anos arrancará o vindeiro martes 5 de novembro ás 16.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas con “Fundamentos do dereito”. Tamén se impartirán outras materias neste curso como é o caso de “Iniciación á bioloxía humana”, “Informática básica”, “Xeografía de Galicia” ou “A política hoxe”. O curso estenderase ata o 17 de xuño e toda a programación comprende un total de catro anos, logo dos cales aquelas persoas que a completen obterán unha titulación expedida pola propia USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí