Comenzas as obras de mellora da estrada do Confurco a Ces

    LOUSAME> O executivo local informou do inicio das obras de acondicionamento do camiño de Confurco a Ces. As obras, cun orzamento de preto dos 60 mil euros, están cofinanzadas polo Concello, que achega algo máis de 10 mil euros, e polo AGADER, con algo máis de 49 mil, a través do Plan Marco Programa Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. As obras consistirán na limpeza de gabias en ambas marxes do vial que une os núcleos de Confurco e Ces. Ademais procederase á mellora da súa capa de rodaxe e instalarase a sinalización horizontal co pintado de liñas en bordes.