D-Due e Artesanía de Galicia irán da man en Tokio

    RIANXO> Artesanía de Galicia levará a Tokio o traballo dun total de nove obradoiros artesáns da man da compañía téxtil de Rianxo D-DUE e da empresa xaponesa HP France, distribuidora desta firma en Xapón. Así, na primeira tenda en exclusiva da empresa galega no país nipón, poderán adquirirse pezas de cestería, cerámica contemporánea e olería. Estas pezas tradicionais convivirán cos novos produtos deseñados polos creativos desta firma radicada en Rianxo Charo Froján e Alfredo Olmedo. No establecemento venderanse pezas de cestería de Antonio Suárez Dávila de Vigo; de cerámica contemporánea de Victor Artes da Coruña, Fernando Porto da Estrada, Manuel Figueiras de Muros e Marta Armada de Vigo, ou tamén olería tradicional de Gundivós de Elías González e de Buño de O Rulo, entre outros.