Abren un novo vial en Outeiro

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou da apertura dunha nova vía no lugar de Outeiro, na parroquia de Artes, nas proximidades da igrexa parroquial. Esta obra forma parte dun plan de actuación que prevé a mellora dun total de catro camiños nesta parroquia. Ademais deste novo vial en Outeiro, acondicionaranse outros dous situados no lugar de Gude e un en Arribas. Trátase dunha iniciativa municipal que está sufragada con fondos propios e cuxo investimento ascende a un total de máis de 41 mil euros. O prazo de execución son tres meses.