O Interrías gaña ó Cesuras nun partidazo e recupera o liderato

futbolsala250_240309.jpgSALNÉS> Unha cal e outra de area esta semana para os equipos do Salnés. A mala nova deixouno o Grupo Junquera que caeu ante o Caloto e perdeu a terceira posición da xeral. A boa, o Viajes Interrías, que recuperou o liderato tras gañar ó Cesuras nun partido vibrante.

Foi o encontro que todos agardaban: intenso, igualado, emocionante e ademais, con final feliz para os portonoveses. O Viajes Interrías superou pola mínima (4-3) a un Cesuras que demostrou o por qué da súa clasificación.

En xogo estaba o liderato e por iso os dous equipos saíron a pola victoria dende o inicio, eso sí, coa posesión de balón sempre para os locais. Non tardarían en chegar as primeiras ocasións nin o primeiro tanto, ós seis minutos, obra de Pedro. Pero os coruñeses reaccionaron e déronlle-la volta ó electrónico e tan só nun minuto.

A partir de ahí tocou remar e traballar para crear perigo sen descuidar a portería para non encaixar o terceiro. Antes do descanso apereceu Chelito para igualar.

A mesma tónica continuou na segunda parte. Pitu fixo e 3-2 pero o Cesuras empatou a catro para o remate. Cando todo semellaba que ía finalizar en táboas, xurdíu Pedro, a vinte segundos para o bociñazo e asinou un tanto que vale tres puntos e o liderato.

O Viajes Interrías deberá defender agora esa privilexiada posición nas cinco xornadas que lle quedan por diante se é que quere ascender de xeito directo.

O que non puido defender a súa terceira praza foi o Grupo Junquera en Sarria ante o Caloto. Non xogaron un mal partido os vilagarciáns pero faltoulles, como noutras ocasións, o gol. Moitas oportunidades erradas sobre todo no primeiro tempo.

Chegouse ó descanso con 0-0, con todo por decidir, pero trala reanudación os lucense sanotaron o primeiro tanto que obrigou ó Junquera a arriscar máis da conta.

Xa nos últimos minutos, os vilagarciáns puxeron porteiro-xogador algo que aproveitou o Caloto para matar o partido á contra e completar unha goleada quizáis demasiado abultada para os méritos feitos por uns e outros (4-0).

O Grupo Junquera cae con esta derrota á quinta praza ó ser adiantado polo propio Caloto e polo Esteo.

Redacción Salnés