Noia estrea dous novos miradoiros con vistas á ría

NOIA> Neste 2025 Noia estreará dous equipamentos turísticos. Son os miradoiros de Bergondo e Santa Cristina que foron acondicionados con novo pavimento e mellora de accesos. Ambos ofrecen fermosas panorámicas da ría e atópanse a apenas un quilómetro do centro urbano.

Ademais da mellora do miradoiro de Bergondo, con soleira de formigón, peche con varanda e instalación de mobiliario urbano procedeuse ó acondicionamento da vía de acceso que conduce a outros enclaves singulares do municipio.

Xunto con esta actuación, acondicionouse tamén como miradoiro unha zona degradada de Santa Cristina na que se prevé habilitar nun futuro unha área de estacionamento de autocaravanas.