O Encontro de Embarcacións Tradicionais xa quenta motores

Pontevedra > Do 29 de xuño ao 2 de xullo Combarro acollerá o Encontro de Embarcacións Tradicionais. Unha cita que xa quenta motores, o Sexto Edificio acolleu unha conferencia previa a este evento centrada na historia do mar da nosa comunidade. O relatorio “O mar na historia de Galicia” que tivo lugar no Sexto Edificio serviu como botadura do Encontro de Embarcación Tradicionais que terá lugar en Combaro do 29 de xuño ao 2 de xullo. Unha cita que converterá a Combarro na capital do Mar. A través destes encontros, Culturmar, pretende poñer en valor sectores como a capintería de ribeira, a velaría, os efectos navais, artesáns, e protexer, conservar e divulgar o Patrimonio Marítimo Galego.