Rueda fixa como unha prioridade da Xunta a rehabilitación do Pazo de Lourizán

PONTEVEDRA> Xa se pode visitar en Pontevedra a exposición Lourizán, presente, pasado e futuro, sobre os traballos finalistas no concurso de ideas para os novos usos do pazo. Amósanse os sete proxectos arquitectónicos que chegaron á fase final. Poderase visitar na sede de Afundación ata o 13 de decembro.

A exposición foi inaugurada este xoves polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda resaltou que a rehabilitación do Pazo de Lourizán é unha prioridade para o goberno galego e anunciou que as obras comezarán o vindeiro ano co obxectivo de que estean rematadas no 2027.

A Xunta vai destinar 17,3 millóns de euros á restauración e posta ádisposición da cidadanía destas instalacións. Rueda fixo fincapé no valor arquitectónico e na importancia histórica que ten este edificio para a cidade de Pontevedra e explicou que, tras a rehabilitación, o Pazo de Lourizánvivirá “un novo rexurdimento” xa que seguirá sendo un centro de referencia forestale contará cunha área para exposicións, un espazo público multiusos e un hotel de catro estrelas.