Guía para mozos e deportistas de Pontevedra

Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra presentaron esta mañá dúas guías de turismo para todos os que nos visitan. Unha delas está centrada no público máis novo, con recomendacións que amosan a vida da cidade. A outra céntrase no público máis deportista, con diferentes rutas para realizar na cidade do Lérez. A concelleira de Turismo presentou esta mañá dúas novas propostas pensadas para persoas queiran facer deporte e tamén para xente nova. En relación a da xente nova trátase do traballo de fin de carreira dunha alumna de Publicidade de Relacións Públicas. Trátase dunha guía que amosa onde comer, onde tomar unha copa, o mellor espazo para tomar un café ou as tendas máis orixinais da cidade. Unha idea que naceu desta alumna de Vigo, quen ten claro que as actuais guías con monumentos e museos son necesarias, pero que como moza de fora sempre botou en falta algo como o que ela nos presenta, unha guía de sitios chulos para a xente máis nova que visita Pontevedra. En segundo termo tamén se presentou unha guía de running, unha guía con 5 rutas que lle amosa a todos os que nos vistan, os diferentes sitios onde poderán realizar deporte de xeito tranquilo e cómodo na cidade. Os turistas máis novos e os máis deportistas estarán informados debidamente de toda a oferta que posúe a cidade de Pontevedra.