A mesa polo futuro de ENCE remata sen certezas para os traballadores

PONTEVEDRA> Agora que todas as partes teñen nas súas mans o informe coas máis de 400 localizacións alternativas recollidas e descartadas por ENCE, terán os vindeiros quince días para estudar o documento. Tamén os traballadores, que estiveron presentes tanto na reunión desta mañá como ás portas da Subdelegación do Goberno.

Para os traballadores de ENCE a reunión desta mañá rematou sen certezas sobre o seu futuro.

Polo de momento, aférranse ao compromiso das partes de non solicitar de forma inmediata a execución da sentenza se esta pasara a ser firme. Acordo que despois foi matizado polo secretario de Estado Hugo Morán: só sería posible co respaldo dun xuíz e sempre e cando existira unha alternativa real para a súa localización.

Tamén explicaron que neste tempo analizarán o informe presentado pola empresa coas localizacións alternativas, mentres agardan pola convocatoria da terceira mesa.

Durante máis de tres horas, máis dun cento de traballadores de ENCE se concentraron ás portas da Subdelegación do Goberno para seguir a reunión. Dende alí recibiron ao alcalde de Pontevedra con apupos e aplaudiron ao Conselleiro de Industria.

A mobilización transcorreu sen incidentes, vixilada de preto por un amplo dispositivo de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí