I. Maceiras: ‘O concello goza de boa saúde económica’

POBRA> O seu importe global ascende a 6’7 millóns de euros, reducíndose nun 0’22% con respecto ó do ano anterior, e o nivel de endebedamento sitúase no 59’53%. O executivo pobrense levará ó pleno de mañá xoves a aprobación dos presupostos. Entre os obxectivos marcados polo equipo de goberno con esta proposta de documento orzamentario, que ascende a 6’7 millóns de euros, figuran a mellora dos servizos básicos, o control do gasto corrente e o saneamento financieiro, un feito que se reflicte no cumprimento dos obxectivos do plan de axuste como sinalou o propio alcalde, Isaac Maceiras, durante a súa presentación. No capítulo de gastos, os máis cuantiosos agrúpanse nos de persoal que ascenden a 2’6 millóns de euros, o que supón un lixeiro descenso do 2’46% con respecto ó ano anterior. Os gastos en bens correntes tamén diminúen nun 1’06% e os gastos financieiros correspondentes ós intereses polas débedas coas entidades bancarias tamén decaen nun 2’56%. A contía destinada a investimentos propios ascende este ano a 1’3 millóns de euros, onde se inclúen partidas importantes como o da remodelación do entorno da residencia e o centro de día por valor de 219 mil euros, a rehabilitación do cine Elma, 441 mil ou diversas actuacións en parques infantís e saneamentos que suman mais de 254 mil euros. Polo que respecta a investimentos procedentes doutras Administracións estes ascenden ós sete millóns de euros, incluíndo obras como a ampliación da Tomada, 3’5 millóns de euros, a terceira e última fase do saneamento da Ribeiriña, 213 mil, a segunda fase da estrada de circunvalación, 345 mil, ou a primeira fase do acondicionamento das Xunqueiras, 3 millóns de euros. Como datos máis positivos o equipo de goberno destacou tamén o descenso da débeda, cunhas previsións na porcentaxe de endebedamento para finais de ano do 59’53%, seguindo a tónica á baixa dos últimos anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/presentacionorzamentospobra260314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/presentacionorzamentospobra260314.mp4{/flowplayer}