SUMAR leva á Comisón Europea o vertido de plásticos e non descarta accións legais contra a Xunta

A POBRA> Mentres o vertido segue a avanzar non só pola costa galega senón tamén pola asturiana, os distintos grupos políticos demandan medidas para minimizar o seu impacto. SUMAR levou a cuestión á Comisión Europea solicitando unha xuntanza co Comisario Europeo de Medio Ambiente para artellar un plan de loita contra a contaminación.

SUMAR rexistrou unha pregunta na Comisión Europea instando ó Comisario Europeo de Medio Ambiente a tomar medidas para axudar  a frear o vertido antes de que derive nunha catástrofe ambiental. Non descartan tampouco dende a formación política emprender acción xudiciais contra a Xunta.

Insisten dende SUMAR no grave risco de contaminación por microplásticos e denuncian a incompetencia dos responsables da Xunta ós que acusan de seguir o manual do Prestige na xestión desta nova crise medioambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí