Botar abaixo o proxecto do novo auditorio conlevaría a perda duns tres millóns de euros

RIBEIRA> Non seguir adiante co actual proxecto do novo auditorio  significaría perder uns tres millóns de euros. Así o confirmou o alcalde, Manuel Ruíz, en rolda de prensa. O rexedor quixo saír ós medios para aclarar á veciñanza en que punto se atopa o proxecto e as solucións que se están a buscar para seguir adiante co mesmo.

O alcalde foi máis alá e sinalou que seguir adiante co actual proxecto tería tamén un custe inferior a ese 1,5 millóns de euros autorizado o pasado mes de novembro pola corporación municipal.

Ruiz Rivas anunciou tamén que segue mantendo conversas para lograr máis financiación externa tanto de entidades públicas como privadas de tal xeito que, se o pleno do vindeiro luns dá o visto bo, esa porcentaxe do 34% que está aportando o Concello veríase reducida aínda máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí