BOIRO> Aparecen nove cabalos abatidos a tiros nos montes da Curota, na zona dos Chans do Barbanza, nunha zona de libre pastoreo.
Sete dos animais pertencen a un veciño de Boiro, e o resto, á Comunidade de Montes de Baroña, no concello de Porto do Son.
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, o SEPRONA, xa abriu unha investigación co fin de esclarecer os feitos.
Os propietarios dos cabalos non entenden os motivos que derivaron na morte dos animais, xa que non existen conflitos previos.
Segundo eles os cabalos estaban perfectamente identificados xa que contaban con microchip e tiñen chapas para identificar de quen eran, polo que non se entende tanto encarnizamento.