A Deputación concede ás confrarías unha axuda como “motor da recuperación”

PONTEVEDRA> Despois deste sentido recordo, o presidente provincial e o seu homólogo da Federación de Confrarías de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración. Segundo o acordo, a Deputación destinará algo máis de 480 mil euros para axudar ás confrarías pontevedresas.

 

484 mil euros é a cantidade que a Deputación entregará á Federación de Confrarías de Pontevedra. Uns cartos que serán repartidos entre os 21 pósitos da provincia para financiar melloras que lles axuden a incrementar a súa competitividade.

As confrarías ven estas axudas como un xeito de paliar a mala época que están a pasar. Os temporais non deron tregua, e moitas zonas están a ver a súa produción moi afectada.

Por iso, a Deputación agarda que o convenio sexa un empurrón para superar as dificultades.

A estas axudas aos pósitos hai que sumar os 15 bolseiros que están a traballar neles dende principios de ano, costeados pola Deputación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/02/convenio_deputacion_confrarias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/02/convenio_deputacion_confrarias.mp4{/flowplayer}