Xa poden NADALEAR na Praza do Teucro!!!

Pontevedra> As Nadaladas de Pontevedra xa están aquí. Esta mañá o alcalde e a concelleira de promoción económica visitaron esta feira artesanal que poderán visitar na Praza do Teucro dende hoxe e ata o 5 de xaneiro. Un lugar único onde atopar regalos orixinais e feitos a man para este Nadal. As Nadaladas do Teucro chegaron para quedarse ata o 5 de xaneiro. Esta feira artesanal chega con moitas novidades entre elas o envoltorio desta nova edición. Unha feira onde nos podemos atopar de todo un pouco, pero onde prima a labora artesanal de cada un dos profesionais que conforman este evento. Son moitos os que chegan por primeira vez… E outros que repiten experiencia porque Nadaladas da a oportunidade de darse a coñecer e abrir portas a novos clientes. Ademais dende este punto tamén contan con tres espazos para entidades de caracter social como son Amencer, Comercio Xusto e Asociación Alba. Dende a organización deste evento convidan a todo o mundo a Nadalear no Teucro. Así que xa o saben en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 poden desfrutar destas Nadaladas no Teucro ata o 5 de xaneiro.