A calima tamén tingue de laranxa os ceos das Rías Baixas

RÍAS BAIXAS> A calima tamén tingue de laranxa os ceos das Rías Baixas. Trátase dun episodio de pó procedente do deserto do Sáhara que está a cubrir toda a península ibérica.

É un fenómeno excepcional para esta zona, polo impulso destas partículas polos ventos da borrasca Celia.  Son ventos do sur, que arrastran o pó en suspensión cara ao norte, chegando incluso ata aquí. Ademais desta curiosa imaxe, a chegada do pó do Sáhara tradúcese tamén noutras consecuencias, como un empeoramento da calidade do aire.

Esta situación provocou ademais, ao longo desta xornada, un aumento das temperaturas, acadando os 22 graos de máxima.

Mañá a situación xa tende a normalizarse, cun descenso xeneralizado das temperaturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí