Terra Santa presenta o seu proxecto enoturístico

     CAMBADOS> A adega beneficiouse das axudas Agader para ampliar as súas instalacións e servizos

    {flowplayer}images/salnes/MelloraAdegaTerra_220112.flv{/flowplayer} 

    Aínda que xa levan preto dun ano funcionando a pleno rendemento, hoxe tanto o Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, como o alcalde de Cambados, visitaron as novas instalacións da adega Terra Santa, que foron financiadas en parte pola Xunta a través de Agader e Leader.

    Acondicionáronse novos espazos dentro das edificacións da adega tanto para a recepción de visitas como para a posta en marcha de exposicións sobre o mundo do viño e cursos relativos a esta área económica. Terra Santa obterá a partir de agora ingresos tanto polo cobro da visita á adega e aos viñedos con explicación dos procesos de produción e elaboración, a través da venda de menús de catas e a través da venda de viño directo.

    O proxecto, contou cun orzamento de algo máis de 82.000 euros, financiado ao 33% pola Xunta (27.641 euros) e o resto a través de fondos propios da adega.

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que o GDR Salnés conta na actualidade cun orzamento de 2,3 millóns de euros. En total, presentáronse o ano pasado 84 solicitudes de axudas, da cales concedéronse 22, por un importe de máis dun millón de euros.

    Redacción Salnés