Abanca homenaxea o seu director de zona dos últimos trinta anos

    VILAGARCÍA> O vilagarcián Javier Villaronga, exdirector de zona de Abanca, recibiu este mediodia unha homenaxe por parte dos seus compañeiros agora que se prexubilou.

     

    Ninguén se quixo perder a cita. Centos de compañeiros reuníronse este mediodía para dar unha sentida homenaxe a Javier Villaronga, o home de confianza de Abanca no Salnés.

    Na actualidade dende Abanca, pero xa antes dende Caixanova e Novagalicia, Villaronga apoiou un gran número de iniciativas e convenios, que ao longo dos anos beneficiaron a asociacións comerciais e empresariais da comarca.

    Segundo Villaronga, dende que decidiu a súa prexubilación, acumulou mostras de cariño dos compañeiros da entidade. Tamén dos clientes, aos que agradeceu a confianza depositada a pesares dos malos momentos.

    Víctor Vázquez será o encargado de ocupar o seu lugar. Asume o reto de continuar co legado de Villaronga, contando coa súa plena confianza.

    O xa ex xefe de zona de Abanca no Salnés asegurou que dedicará o seu tempo ás súas afeccións. Negou, ademais, calquera tipo de aspiración política nesta nova etapa que se abre na súa vida.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/30/homenaxe_javier_villaronga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/30/homenaxe_javier_villaronga.mp4{/flowplayer}