A mellora da travesía de Outes estará rematada a próxima primavera

    OUTES> Os veciños outenses disfrutarán da nova Travesía de Outes a partir da primavera. A conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, asegurou durante a súa visita ás obras de ampliación e humanización da Travesía, que os traballos mellorarán a seguridade de vehículos e transeúntes. Trátase da arterias principais da localidade barbanzá e a actuación resolverá os problemas circulatorios do seu caso urbano. A mellora da Travesía de Outes, que conta cun investimento da Xunta de 800.000 euros, foi supervisada esta mañá pola conselleira de Infraestruturas, Ëthel Vázquez, acompañada, pola actual alcaldesa, Beatriz Molinos, e o alcalde saínte, Carlos López Crespo. Unha das actuacións máis salientables do proxecto será a programada na ponte sobre o río Tines. Cando rematen as obras, previsiblemente na primavera, mellorarán as condicións urbanas do vial AC-550 ao seu paso pola vila e a estética de zona, ademais de favorecer tanto á seguridade circulatoria como á comodidade dos transeúntes, para a alcaldesa de Outes, o máis importante. Pero tal e como destacou a conselleira, éste non é o único traballo que a Infraestructuras está a realizar no concello de Outes. Nestas dúas obras só resta a sinalización horizontal, polo que estarán totalmente rematadas nos vindeiros días. En total o investimento ascende a máis dun millón de euros destinados ao concello de Outes.