BOIRO> Despois da súa aprobación en pleno a finais do pasado ano, entra en vigor a nova ordenanza de circulación, coa que o equipo de goberno pretende regular a mobilidade en todo o termo municipal, así como tamén as zonas de estacionamento.
Entre outras cuestións, a normativa regulará as zonas azuis e as zonas de carga e descarga.
O control destas zonas realizarase mediante un vehículo dotado dun sistema OCR que xeolocaliza os coches estacionados e o tempo.
Nestes primeiros meses farase a xeito de concienciación para o seu correcto uso, e pasado un tempo, xa acarreará a sanción correspondente.
Coa entrada en vigor desta ordenanza o que se busca é darlle preferencia ó peón sobre o vehículo, mellorando a súa seguridade, racionalizando o uso de modos de transporte cun uso máis sostible, apostando pola promoción de medios alternativos, xunto coa mobilidade a pé, como poden ser a bicicleta ou o trasporte público.











