Extraballadores de Valle-Inclán inician un peche indefinido no concello

    VILANOVA> Os extraballadores da residencia Valle-Inclán cumpriron coa súa palabra. O seu ultimatum de 24 horas á Consellería de Traballo para fixar unha data para unha xuntanza con Beatriz Mato non deu froitos e continúan sen noticias. Por iso decidiron iniciar un peche indefinido no salón de plenos do concello de Vilanova.

     

    Cumpríronse as 24 horas de marxe, pero a pesares das xestións do alcalde os extraballadores da residencia Valle-Inclán non teñen data para a xuntanza coa conselleira de Traballo.

    O que reclaman é unha data concreta para sentar con Beatriz Mato. Por iso decidiron cumprir co que dixeran onte, e dende este mediodía están pechados no salón de plenos vilanovés.

    Aínda que a Xunta xa abriu o concurso para optar ás 110 prazas públicas que ata o de agora posuía a residencia Valle-Inclán, os extraballadores teñen esperanzas de que a súa situación se solucione. 

    Pero levan máis dun ano loitando, e os ánimos xa están polo chan.

    Durante a mañá, quen tamén estivo no salón de plenos foi o alcalde. Gonzalo Durán manifestou o seu apoio ás reclamacións dos traballadores.

    E é que se hai un punto no que todos coinciden, é no seu desexo de que as prazas públicas da residencia e, con elas, os postos de traballo, queden en Vilanova.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/10/segue_peche_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/10/segue_peche_vilanova.mp4{/flowplayer}