O Concello inicia os trámites para a desafectación do edificio da antiga comisaría

RIBEIRA>  Segundo informou o alcalde, Manuel Ruíz, a intención do Concello pasa por integralo no colexio O Grupo, co que linda.

Coas obras da nova comisaría da Policía Nacional que se constrúe no Touro a piques de rematar, e o conseguinte traslado dos efectivos ó novo emprazamento, o executivo ribeirense traballa xa na busca dun novo destino para o vello edificio da Policía na rúa Miguel Rodríguez Bautista.

Segundo explicou o rexedor o Concello iniciou xa os trámites para conseguir o cambio de usos da parcela na que se empraza, que é de titularidade municipal,

A desafectación permitirá poder levar a cabo a futura ampliación do CEIP O Grupo, co que linda o edificio da vella comisaría, e así dar resposta a unha demanda de espazo deste colexio.