Os alumnos de secundaria volveron esta mañá ás aulas nun curso condicionado pola covid

BARBANZA/RIANXO> O regreso faise de xeito progresivo, polo que hoxe tocoulles ós alumnos dos primeiros cursos. 1º e 2º da ESO, primeiro de bacharelato e primeiro de FP, nos graos medios e superiores.

Unha semana despois do inicialmente previsto, esta mañá arrancaba a actividade lectiva en institutos, centros de secundaria e de formación profesional. A volta ás aulas estase a realizar de xeito progresivo, polo que hoxe só acudiron a clase os primeiros niveis. Primeiro e Segundo da ESO, Primeiro de Bacharelato e o primeiro curso de FP nos graos medio e superior.

Como acontecera anteriormente nas escolas infantís e de primaria, o regreso fíxose con normalidade, aínda que nun contexto diferente, marcado pola covid, e as medidas e protocolos que cada centro tivo que adoptar.

No instituto rianxeiro traballouse nas últimas semanas no acondicionamento das aulas. Aquí non fixo falla instalar mamparas, xa que as aulas permitían, en certa medida, manter a separación de metro e medio entre os alumnos.

O problema máis grave o que apuntan dende a dirección é poder manter ese distanciamento social durante as pausas e recreos.

Dende o centro botan en falla tamén máis persoal de limpeza. aínda que destacan os esforzos realizados dende o Concello, que dende un primeiro momento se mostrou colaborador co Centro. A pesar de que finalmente si contarán coas prazas de profesorado solicitadas, consideran que serán insuficientes para poder levar adiante moitos dos proxectos educativos en funcionamento

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí