POBRA> O presidente da Xunta inaugurou na Pobra a nova escola infantil do polígono da Tomada. O concello barbanzán convértese así no terceiro de toda Galicia en dotar de servizo de gardería o seu parque empresariail, xunto con Narón e Mos.
O proxecto de construír unha escola infail no polígono, longamente demandando polos empresarios da Tomada, é xa unha realidade. O investimento da Xunta, de douscentos mil euros, sumado ó compromiso das empresas asentadas no parque empresarial que completaron o financiamento con preto de cen mil euros fixo posible a posta en marcha da gardería con capacidade para trinta e oito nenos que se podería aumentar nun futuro próximo.
Esta aposta por favorecer a conciliación forma parte dun plan integral da Xunta para incentivar a natalidade na nosa comunidade. Mañá mesmo aprobarase a Lei de Impulso Demográfico con medidas específicas para favorecer o incremento poboacional.
Entre estas medidas, destacan a gratuidade da gardería para as familias con máis dun fillo a partir do un de abril ou as axudas específicas ós autónomos para a contratación de persoal tralo nacemento dun fillo.