A industria conserveira acada máximos históricos nas exportacións

    BARBANZ> A industria conserveira e de procesado de peixe española bateu o seu récord de exportacións con preto de cento vinte e sete mil toneladas comercializadas entre xaneiro e setembro do 2015. Ademais de supoñer o máximo histórico dos últimos quince anos, esta cifra cunha facturación de cincocentos corenta e catro millóns de euros, tradúcese nun incremento do seis por cento con respecto ó mesmo período do ano anterior. Segundo os datos presentados por ANFACO, as conservas de atún supoñen a maior porcentaxe das exportacións. Os principais destinos das mercadorías españolas seguen a ser países da Unión Europea, aínda que ó longo deste ano teñen incrementado a súa presenza nos cinco continentes tanto en volume como en valor comercial.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí