{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/11/desaloxo_concello_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/11/desaloxo_concello_valle_inclan.mp4{/flowplayer}
VILANOVA> Os extraballadores da residencia Valle-Inclán abandonaron esta mañá o seu encerro no concello de Vilanova, despois dun altercado co alcalde. O colectivo irrompeu no seu despacho tras pasar case 24 horas pechados no salón plenos e, ante a negativa de abandonalo, Gonzalo Durán requiriu a presenza da Policía Local.
Despois de dous días, rompeuse o entendemento entre o alcalde e os extraballadores da residencia Valle-Inclán encabezados pola CIG.
O colectivo irrompeu no despacho do alcalde para esixirlle máis esforzos para conseguir unha xuntanza coa Conselleira de Traballo. E é que a pesares da mediación de Durán, os extraballadores aínda non conseguiron que os reciba.
Tras varios cruces de reproches.
E ante a negativa do colectivo de abandonar a alcaldía, Gonzalo Durán requiriu a presenza da Policía Local.
Para evitar multas e denuncias por desacato á autoridade, os extraballadores marcharon e decidiron pór fin tamén ao encerro no salón de plenos que iniciaran había case 24 horas para o que si contaban con permiso.
O alcalde defendeu as súas xestións ante a Consellería, e volveu culpar á CIG do fracaso no conflito.
Pola súa banda, extraballadores e sindicatos advertiron que continuarán coa súa loita para conseguir a súa readmisión na residencia Valle-Inclán.