Peritos xudiciais ven “inxustificado” o patrimonio da inmobiliaria asociada a Miñanco

PONTEVEDRA> Terceira xornada do xuízo de Sito Miñanco. Este martes tocoulle a quenda aos peritos xudiciais, que sinalan que consideran inxustificado o patrimonio da inmobiliaria do narcotraficante asociada co narcotraficante cambadés e o seu entorno familiar.

Este martes celebrouse a terceira xornada do xuízo contra Sito Miñanco e outras catro persoas por suposto delito de branqueo de capitais procedentes da droga. O perito da Axencia Tributaria que declarou hoxe considera inxustificada a orixe do patrimonio de catro dos acusados, entre os que se atopa a ex muller, a filla maior e a ex cuñada do narco cambadés. Ademais sinala que no caso de Rosa María Prado e de Josefa Pouso o seu nivel de vida non é comparable ao patrimonio declarado. A pesar diso recoñeceu que a investigación se fixo cos datos que figuran nas bases de datos de Facenda e que non se utilizaron outros rexistros oficiais.

Esta mañá tamén compareceu un cargo do grupo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil que se referiu a propiedade de Montalvo. Diferentes testemuñas tamén declararon en favor das acusadas.

O xuízo continuará o vindeiro luns 5 de novembro a partir das dez mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra.