O paro baixa en Galicia pero sobe no conxunto de España en agosto

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/paro_agosto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/paro_agosto.mp4{/flowplayer}

     

    GALICIA> Xa coñecemos os datos do paro do mes de agosto; cifras que deixan un sabor agridoce. Galicia foi a comunidade na que máis baixou o número de desempregados, con máis de 2.600 menos. Pola contra, en España este dato aumentou en máis de 21.600 persoas, rompendo a tendencia de seis meses de descensos e deixando o total en 4 millóns 67 mil parados.  Unha vez máis, na nosa autonomía a hostalería e o turismo seguen estando detrás das boas novas.

    Agosto despídese deixando boas noticias en Galicia. A nosa comunidade foi a que rexistrou unha baixada máis importante de paro, con 2.639 persoas que saíron das listas das Oficinas Públicas de Emprego. Unha vez máis, o turismo é a explicación.

    Dende UXT piden que os datos se cuantifiquen e se cualifiquen. Apuntan que a hostalería é un sector de marcado carácter temporal. 

    Esta temporalidade das novas contratacións tamén foi destacada pola presidenta da Deputación de Pontevedra. Na provincia, o paro se reduciu en 918 persoas.

    Outro dato negativo é o incremento do número de familias que xa non reciben ningunha prestación. Por iso, dende UXT buscan pór en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular que blinde a percepción duns salarios mínimos que garantan que todos os fogares poidan chegar a fin de mes.