OUTES> Compromiso Por Galicia vén de solicitarlle ó equipo de goberno a que proceda á maior brevidade de tempo posible á limpeza da praia de Broña. Segundo esta formación política o areal atópase nun estado de suciedade e abandono permanente dende o mes de setembro. denuncian que a pesar de que faltan poucos días para a Semana Santa a praia de Broña presenta un aspecto deplorable. Culpan desta situación ó concello pola súa falla de planificación. Dende Compromiso Por Galicia de Outes sinalan ademais de que se trata dun problema que ano tras ano se repite, solicitando a limpeza e adecentamento da praia e da súa contorna para que a estancia dos visitantes sexa acolledora, xa que o turismo é marisqueo son os principais motores económicos do concello e ofrecer así uns espazos coidados ó longo de todo ano.
Inicio Barbanza - Muros - Noia