O novo goberno de Ribeira fai público o reparto de áreas entre os seus 13 concelleiros

RIBEIRA> María Sampedro asumirá as áreas de Urbanismo, Contratación, Seguridade Cidadá e Mobilidade, Persoal e UCA. Esta última durante pouco tempo posto que a xestión da Unidade de Condutas Aditivas están en proceso de traspaso ó SERGAS.

Os concelleiros do PBBI manteñen as mesmas competencias e suman algunhas máis ás do anterior goberno. Vicente Mariño seguirá á fronte das delegacións de Servizos sociais e Mercados sumando competencias en Sanidade, Parques e Xardíns e Desenvolvemento Industrial.

 Herminia Pouso mantén a concellería de Economía e Facenda e suma Vías e Obras mentres que o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, asumirá Festexos. En canto ás delegacións que quedan en mans do PP, Ana Barreiro será responsable de Cultura, Turismo e Igualdade mentres que Álex Vidal xestionará as delegacións de Deportes , Innovación e Novas Tecnoloxías.

A área de Limpeza Viaria quedarán en mas de Emilio Pérez Outeiral mentres que Auga e Saneamento dependerá de Vicente Reiriz. Pola súa banda, Víctor Reiriz levará Medio Ambiente e Alumeado Público mentres que Ramón Doval farase cargo das Relacións Institucionais. Carmen Pérez asumirá Promoción Ecomómica, Emprego e Xuventude. As xestións e Relacións Veciñais no Medio Rural e Benestar Animal serán competencia de Eladio Muñiz mentres que Educación, Formación e Promoción da Lingua serán asumidas por Nucha Brión.

Nos próximos días darase a coñecer as tenencias de alcaldía, composición da xunta de goberno local e dedicacións retribuídas que aínda non están pechadas.