Visitas guiadas gratuítas para potenciar o atractivo da vila

    NOIA> A Asociación Noia Histórica volverá a organizar durante esta Semana Santa: xoves, venres e sábado, visitas guiadas de carácter gratuíto a aqueles lugares de maior interese do casco urbano para dar a coñecer os principais elementos arquitectónicos da localidade, tanto de carácter civil coma relixioso. Con estas visitas a patronal noiesa busca potenciar o atractivo patrimonial da vila, dándoo a coñecer tanto a veciños coma a forasteiros. A iniciativa, que xa se desenvolveu en anteriores ocasións, será realizada cun guía profesional, e nela poderán participar un máximo de 30 persoas. A saída terá lugar, os tres días, ás doce da mañá dende a oficina de información turística situada na Alameda, cunha duración de dúas horas.