Lage Tuñas mediará na implantación da xornada única en Boiro

    BOIRO> O candidato do PSdeG ao Parlamento galego reuniuse coa comunidade educativa do colexio Santa Baia

    Na visita ao centro educativo, acompañando ao candidato autonómico, estiveron o tenente de alcalde de Boiro, Juan Jesús Ares e a candidata número 16 pola provincia de A Coruña, Eva Rivero.

    Xornada única

    Lage Tuñas comprometeuse a impulsar ás políticas de igualdade e conciliación da vida laboral e familiar reflectidas no incremento de prazas en comedores escolares e na implantación da xornada única.

    {flowplayer}barbanza/lagesantabaia.flv{/flowplayer}

    Asemade, o socialista anunciu que fará todo o que estea na súa man para tentar desbloquear as negociacións de implantación da xornada única no colexio boirés o vindeiro curso.  Dende a dirección do colexio Santa Baia tamén lle trasladaron a necesidade existente no municipio de crear novas prazas de escolas infantís.

    Políticas educativas

    Lage Tuñas fixo referencia ao esforzo feito pola Xunta de Galicia durante estes últimos anos para incrementar o orzamento destinada a bolsas para cursar estudos no extranxeiro e para garantir a gratuidade dos libros de texto en primaria e secundaria, da que se benefician, dixo, máis de once mil alunmos da área de influencia da Barbanza.

    Por último o candidato socialista pola comarca da Barbanza e Muros-Noia salientou os preto de cinco millóns de euros que o goberno autonómico investiu nesta lexistura en obras e equipamentos relativos a mobiliario e recursos informáticos nos centros educativos destas bisbarras.

     Redacción Barbanza