A camelia descóbrese en Pontevedra

PONTEVEDRA> A camelia chega a Pontevedra. A flor será a protagonista desta fin de semana na cidade do Lérez, que baixo o nome “Os sentidos da camelia” acolle os días 19 e 20 un concurso exposición internacional. Será no Recinto Feiral.

 

Esta fin de semana o Recinto Feiral de Pontevedra acolle o Concurso/Exposición Internacional da camelia. Unha cita na que a Deputación proponse descubrir os aspectos máis descoñecidos da flor.

A mostra rota anualmente con Vigo e Vilagarcía, e este ano toca o turno á cidade do Lérez. Por primeira vez, a cita virá acompañada dun nome “Os sentidos da camelia”. Un título que da moitas pistas do que se poderán encontrar.

Cada sentido terá o seu espazo na exposición. O máis grande será o da vista, no que a día de hoxe hai inscritos 54 expositores e entre os que se repartirán 21 premios, entre eles a Camelia de Ourto. No espazo dedicado ao oído, haberá contacontos para os nenos; no do olfacto, daranse a coñecer as camelias olorosas, ademais dos tés, aceites, ou cosméticos; as follas, pétalos ou sementes serán os protagonistas no espazo do tacto. Pero o máis novidoso será o do gusto, no que se descubrirán receitas coa camelia como ingrediente.

A exposición inaugurarase o sábado a partires das 5 da tarde, e continuará aberta durante o domingo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/ptac_concurso_camelia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/ptac_concurso_camelia.mp4{/flowplayer}