O PP de Pontevedra presenta unha emenda aos orzamentos por “fomentar a desigualdade e o machismo”

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra presenta unha emenda a totalidade dos presupostos municipais de 2020. Para os populares estes orzamentos fomentan a desigualdade e o machismo e son o resultado da loita de poderes entre os dous grupos de goberno.

Fomentan a desigualdade e o machismo, afástanse da realidade dos pontevedreses e son o resultado da loita de poderes de dous partidos. Así definiu esta mañá Rafa Domínguez os orzamentos municipais de 2020. O voceiro popular criticou o retraso na súa presentación e fixo especial fincapé no nomeamento dos 3 novos directores xerais.

Rafa Domínguez criticou tamén a falta de participación das asociacións veciñais nestes orzamentos, así como o abandono das parroquias.

No capítulo de inversións, Domínguez destacou a baixa taxa de execución. Algo que pon de manifesto, segundo el, o fracaso e a incapacidade do actual goberno.

Para o voceiro popular, estes orzamentos esquécense do que realmente lles interesa aos pontevedreses: o emprego, o tráfico e a necesidade de crear máis aparcamentos. Estes presupostos irán a debate este venres no pleno municipal.