O PSOE reclama ao concello de Pontevedra que acepte a colaboración de Zona Franca para crear máis solo industrial

PONTEVEDRA> A necesidade de crear máis chan industrial en Pontevedra irá ao vindeiro pleno municipal da man do PSOE. A formación presentará unha moción para instar ao goberno local a que atenda o ofrecemento de Zona Franca e así estudar co ente estatal a creación de novas áreas industriais na cidade. Todo, din os socialistas, ante a inacción da Xunta de Galicia. Entre as posibles zonas, o PSOE aposta por analizar a creación dun porto seco en Leborei, na parroquia de Cerponzóns.

O PSOE aposta porque o concello de Pontevedra e a Zona Franca colaboren para xerar novas bolsas de chan empresarial no municipio.

Puentes asegura que o consorcio ten vontade de asumir esta tarefa. De feito, recorda que o pasado 6 de xuño o delegado de Zona Franca, David Regades, remitiu unha carta ao alcalde pontevedrés co seu ofrecemento para colaborar co concello nesta materia.

Segundo os socialistas, a proposta de ampliar en 160.000 metros cadrados o polígono do Campiño é insuficiente. En canto ao do Vao, nace con todo o solo vendido. Por iso miran cara outros puntos, como é o caso de Leborei, na parroquia de Cerponzóns.

O PSOE levará esta cuestión ao vindeiro pleno, instando ao goberno local a recoller a luva de Zona Franca e estudar co ente estatal a creación de novas áreas industriais na cidade.