Xuventude abre outra convocatoria do programa ‘Iniciativa Xoxe’

    NOIA> Así o anunciou esta mañá o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, durante unha visita o Espazo Xove de Noia. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, anunciou en Noia a publicación no Diario Oficial de Galicia de hoxe dunha nova convocatoria para este ano da orde de axudas ‘Iniciativa Xove’, un programa dotado con máis de 500 mil euros e que ten como obxectivo financiar proxectos presentados e elaborados polos propios mozos e mozas. Segundo el poderán presentarse a estas subvencións tanto asociacións xuvenís xa constituídas, como grupos informais de mozos e mozas que decidan unirse para emprender un novo proxecto. Cada un deles optará a un máximo de catro mil euros, tendo prioridade aquelas actuacións que se baseen en áreas como o emprendemento e a empregabilidade ou a creatividade, entre outras. O director xeral de Xuventude e Voluntariado aproveitou tamén a súa visita ó Espazo Xove de Noia, para coñecer de primeira man as actividades que leva a cabo a Asociación Vella Escola no marco dos distintos programas desenvolvidos pola consellería de Traballo e Benestar. Trátase dun colectivo constituído hai cinco anos que realiza un importante traballo dentro da denominada cultura urbana, impartindo obradoiros para rapaces de distintas disciplinas como break dance, grafitti ou skate en distintos concellos de Galicia.