CAMBADOS> Cambados despediu esta mañá o obradoiro Turismo Sostible. Na súa segunda edición e durante seis meses, o taller formou a 20 persoas desempregadas, que traballaron en diferentes tarefas de recuperación do patrimonio popular cambadés.
Coa entrega de diplomas, Cambados despediu a segunda edición do obradoiro Turismo Sostible. Unha iniciativa que agardan teña continuidade, e que ten como obxectivo formar a persoas desempregadas.
Durante os seis meses que durou o programa, os alumnos formáronse en canteiría e xardinería forestal. Técnicas que puideron pór en práctica en diferentes obras de restauración do patrimonio cambadés.
A intención do obradoiro é que estes alumnos melloren as súas posibilidades de inserción laboral. Un obxectivo para o que, segundo o director, puxeron gran empeño.
Cambados Turismo sostible é froito dun convenio entre a Consellería de Traballo e o concello da vila, que contou cun orzamento de 200 mil euros.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/15/obradoiro_emprego_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/15/obradoiro_emprego_cambados.mp4{/flowplayer}