Cambados mellora a seguridade viaria na contorna do cemiterio da Pastora

CAMBADOS> Cambados actúa na contorna do cemiterio da Pastora. O concello vén de mellora-la seguridade viaria na zona, cunha actuación que inclúe reasfaltado e a instalación de elementos de calmado de tráfico. O camiño adoita estar moi concorrido, por ser un dos accesos ao camposanto.

Esta rúa da acceso ao cemiterio da Pastora, pero tamén a varias explotacións vitivinícolas e granxas. O Concello de Cambados vén de actuar na zona, co alfaltado da vía. A mellora beneficia tamén a varias vivendas particulares que aínda a día de hoxe tiñan acceso de terra.

A vía é moi transitada, por ser zona de paseo de moitos veciños -pola súa proximidade ao Umia- e tamén por ser acceso ao camposanto. En total actuouse nuns 2.500 metros cadrados de vía, cun orzamento de 35.000 euros. O proxecto contempla tamén a instalación de medidas de calmado do tráfico.

Esta é a primeira das actuacións de mellora de camiños que ten en axenda este ano o concello. Os proxectos están previstos en tódalas parroquias do concello. Para todos estes proxectos, o goberno local vai destinar este ano  unha partida duns 180.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí