Complétase a segunda fase da restauración do Mosteiro da Armenteira

    MEIS> O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia e o Presidente da Deputación visitaron onte as obras de restauración do Mosteiro de Armenteira. Unhas reparacións por valor de 350.000 euros que se realizaron tanto no interior como no exterior deste tempo cristián, que é un dos grandes referentes para o turismo na comarca do Salnés.

    O Mosteiro de Armenteira, no Concello de Meis, presenta un aspecto anovado malia datarse a súa construcción orixinal no século XII. Esto é posible grazas á segunda fase de restauración ó que ven de ser sometido este enclave dos máis visitados das Rías Baixas, que está catalogado como Ben de Interese Cultural. Unha actuación que supuxo á iluminación e a limpeza da pedra no interior e no exterior da igrexa, a restauración da fachada e das carpinterías e a renovación do pavimento interior e o acondicionamento do contorno; así como o soterramento do tendido eléctrico e a mellora do pavimento exterior e da accesibilidade ó templo mediante a construcción de ramplas. Amais, reparouse un tramo do muro que pecha o perímetro da finca preto da fonte que hai á entrada do adro do cenobio. O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez, e o Presidente da Deputación Rafael Louzán supervisaban onte a noite o resultado desta actuación, que ven a sumarse ás anteriores por un valor global de case dous millóns de euros. Nesta visita, o titular do departamento autonómico comprometeuse a continuar arranxando o muro de peche do Mosteiro, segundo o permitan as posibilidades orzamentarias.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/07/armenteira1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/07/conselleiro_armenteira.mp4{/flowplayer}