A Academia Elisa formará a 530 persoas dentro do Plan Ocupados

VILAGARCIA> A academia Elisa de Vilagarcía presenta o Plan Ocupados. Un proxecto destinado á execución de programas de formación para traballadores xa sexa por conta propia ou allea. En total serán 19 cursos nos que se poderán formar 530 persoas.

A Academia Elisa súmase este 2020 a o Plan Ocupados. Un proxecto financiado polo Sevizo Público de Emprego Estatal para a execución de programas de formación dirixidos a persoas ocupadas. O obxectivo é que os traballadores melloren as súas competencias profesionais.

No programa formaranse 530 persoas en 19 cursos diferentes. 13 deles do ámbito da hostalería e os outros 6 de transportes. Os talleres están dedicados a xente traballadora, xa sexan autónomos ou por conta allea, e un 30% das prazas para desempregados. O plan destaca pola posibilidade de realizar cursos para autónomos.

Os autónomos son un dos colectivos prioritarios pero non son os únicos.

A selección de participantes farase por orde de matrícula, respectando os citados colectivos prioritarios. Os interesados poden inscribirse poñéndose en contacto coa academia por vía telefónica, mail, redes sociais ou a páxina web. As persoas desempregadas deben estar inscritas como demandantes de emprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí