BOIRO> O concello de Boiro convoca a maior oferta de emprego público da década. Serán en total 19 prazas en distintos departamentos municipais, tanto para funcionarios como persoal laboral.
A aprobación da Oferta de Emprego Público correspondente ó ano 2023 derivada da taxa específica de estabilización de emprego temporal suporá ua consolidación de 11 prazas de emprego público: 3 de funcionario e 8 de persoal laboral.
Estas súmanse ás 8 prazas da OPE ordinaria consituíndo así a maior oferta pública do concello de Boiro durante a última década.
O alcalde destacou o gran traballo realizado ó longo do pasado ano en materia de estabilización do emprego temporal polo que seguen a traballar nese camiño de cara á cobertura das prazas vacantes. Os distintos procesos selectivos iranse convocando de xeito progresivo nos vindeiros meses e as bases das convocatorias e toda a información dispoñible dos procesos selectivos estará dispoñible na web municipal.











