Precariedade e privatizacións sacan á rúa ao persoal do SERGAS

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/protestas_hospitais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/protestas_hospitais.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Concentracións ás portas dos hospitais para denunciar a situación actual da sanidade en Galicia. A escena repetiuse nos centros hospitalarios de Pontevedra, do Salnés e do Barbanza, cos profesionais unindo as súas voces para protestar contra as políticas de contratación e de privatización do SERGAS.

A precariedade das contratacións eventuais foi o eixo das protestas que se repetiron esta mañá nos centros hospitalarios de Pontevedra, Salnés e Barbanza. Sindicatos e traballadores denunciaron o mal uso que, aseguran, se fai das listas de contratación, ademais da súa preocupación polos recortes nas plantillas.

A privatización dos servizos tamén foi motivo de protestas. Os profesionais denunciaron a derivación de pacientes cara centros privados e concertados.

Por iso, ante as portas dos hospitais quixeron dar hoxe a voz de alarma. 

Anunciaron tamén que continuarán as mobilizacións o tempo que sexa necesario.