A Salvamar Regulus remolca a unha embarcación ata o peirao do Freixo

    OUTES> Salvamento Marítimo mobilizou esta mañá, ás nove e media, á embarcación Salvamar Regulus a un operativo de rescate dun pesqueiro que se atopaba á deriva a tres millas ó oeste de Monte Louro, no concello de Muros. Unha vez localizada a embarcación, a ‘Mar de Coira’, con tres mariñeiros a bordo, todos eles ilesos, foi trasladada ata o porto do Freixo, no concello de Outes. Ó parecer o barco, de once metros de eslora, quedara á deriva no momento da faena, ó enganchárselle o aparello á hélice.