Ana Miranda presenta a súa candidatura no Barbanza

    BOIRO> A candidata do BNG ó Parlamento Europeo fixo unha aposta importante polos sectores produtivos do país, en especial a pesca e o marisqueo, que terán un especial protagonismo no seu programa. Acompañada de membros do consello comarcal do BNG, e tamén das persoas desta comarca que integran a súa candidatura, neste caso a boirense Raquel Suárez e o ribeirense Luís Pérez, Ana Miranda, incidiu na importancia que teñen as vindeiras eleccións ó Parlamento Europeo. Segundo ela o BNG é forza que mellor pode representar ós intereses de Galicia, na defensa dos nosos sectores produtivos do país, como son a pesca e o marisqueo, dunha gran importancia no Barbanza.